viernes, 30 de marzo de 2012

XA ESTÁ AQUÍ A PRIMAVERA!

FLORES, MARUXIÑAS, VERMES, CARACOIS, ABELLAS, BOLBORETAS, ....A NOSA ESCOLA ESTÁ CHEA DE BECHOS E DE FLORES POR MOR DA PRIMAVERA, E AQUÍ ESTÁN TODOS XUNTO NO NOSO MURAL.

"GRANDES RESPOSTAS" EN REDONDELA TV

http://www.redondela.tv/canleinfantil/infantil_respostas1.html
NO ENLACE QUE TENDES ENRIBA, OU NA PÁXINA WEB REDONDELA TV, ESTÁN AS SIMPÁTICAS ENTREVISTAS QUE ESTA CANLE  LLES FIXO AOS NENOS/AS DE 5 ANOS. "GRANDES RESPOSTAS"... NON VOLO PERDADES.

viernes, 23 de marzo de 2012

PROXECTO MORCEGOS 5 ANOS.

OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS FIXERON UN TRABALLO EN CARTOLINA RELACIONADO COS MORCEGOS: DEBUXA UN MORCEGO E PONLLE UN NOME, QUE COMEN, ONDE VIVEN,TIPOS DE MORCEGOS EN GALICIA,CANTOS DENTES TEÑEN, ...MIRADE QUE CHULOS QUEDARON!!!

lunes, 19 de marzo de 2012

CHEGOU O BO TEMPO!

APROBEITANDO QUE XA FAI MELLOR TEMPO E CASE NON VAI FRÍO, HOXE OS PROFES/AS DEIXÁRONNOS XOGAR NO AREEIRO COS CUBOS, ANGAZOS, PÁS, ...FIXEMOS CASTILLO, TARTAS, BURACOS, ...PASÁMOLO PIPA!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create your own free picture slideshow

martes, 6 de marzo de 2012

SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE II

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Another free slideshow design by Smilebox

UNHA SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE.

A través da Psicomotricidade,na etapa de Educación infantil, as experiencias dos nenos/as co contorno deben axudarlles a coñecer global e parcialmente o seu corpo,as súas posibilidades perceptivas e motrices, que poidan identificar as sensacións que experimentan, disfrutar con elas e servirse das posibilidades expresivas do seu corpo para manifestalas. O recoñecemento da súas características individuais, así como as dos seus compañeiros, é unha condición básica para o seu desenvolvemento e para a adquisición de actitudes non discriminatorias.
A continuación podedes ver un exemplo dunha sesión de psicomotricidade: 
DURACIÓN: 50 minutos aproximadamente. 
MATERIAES: aros, ladrillos, colchonetas, paracaídas, pontes e poldro de escuma-
NÚMERO DE ALUMNOS/AS: un aula en cada sesión. 
OBXECTIVOS:
- Participar nos diferentes xogos respectando as normas.
- Coidar o material e o espazo onde se desenvolve a actividade.
- Experimentar diferentes formas de saltos e desplazamentos polo espacio.
- Executar de xeito correcto unha orde dada: pararse, facer equilibrio, .... 
DESENVOLVEMENTO:
1. ACTIVIDADE INICIAL: comezamos a sesión bailando con música de "Cantajuegos" ou con outras cancións infantís.
2.CIRCUITO:
FACEMOS EQUILIBRIO POLOS LADRILLOS.




































































































PASAMOS POR DEBAIXO DAS PONTES.











SUBIMOS OS ESCALÓNS.



SALATAMOS NOS AROS COS PÉS XUNTOS



 3.XOGO DIRIXIDO: Movémosnos polo aula ao son da música, cando esta para poñémonos nun ladrillo según unha orde dada ( de pé, cun só pé, sentados, ....)
4.XOGO CO PARACAIDAS: un grupo de nenos/as métese debaixo e despois sae fóra(cambiar quendas)
5.RELAXACIÓN: Escoitando unha música relaxada, descansamos un pouquiño antes de voltar de novo as nosas clases.