viernes, 30 de noviembre de 2012

COMO ME CHAMO ?

ESTE VENRES OS NENOS/AS DE 3 ANOS COMEZARON A LEVAR A CASA ESTE  LIBRO FEITO NA ESCOLA PARA APRENDER O NOME DOS COMPAÑEIROS/AS E QUE  AS FAMILIAS COÑEZAN AOS NENOS /AS  DA  CLASE.
DISFRUTADE CON EL E COIDALO MOITO !!!

TAMÉN A MASCOTA DA CLASE "MIÑOCA" EMPEZARÁ A "ELEXIR" A CASA DE QUEN VAI PASAR A FIN DE SEMANA.

martes, 27 de noviembre de 2012

DESPEDIDA DE SANTIAGO

video

COMO O NOSO AMIGO SANTIAGO MARCHA PARA URUGUAY, FIXÉMOSLLE UNHA FESTA DE DESPEDIDA. BOTARÉMOSTE DE MENOS!

lunes, 26 de noviembre de 2012

25 DE NOVEMBRO !!!

ONTE FOI O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO .DEIXÁMOSVOS  ESTE VÍDEO QUE ATOPAMOS NO BLOG " CASA DE TOLOS "

jueves, 22 de noviembre de 2012

VISITA AO CENTRO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA

video
DURANTE ESTE TRIMESTRE OS NEN@S DE 5 ANOS ESTAMOS A TRABALLAR  UN PROXECTO DOS XOGOS OLÍMPICOS. PARA SABER UN POUCO MAIS SOBRE O TEMA VISITAMOS O CENTRO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA DE PONTEVEDRA... FOI UNHA VISTITA CHEA DE SORPRESAS!!

miércoles, 21 de noviembre de 2012

MÁIS COUSAS DO OUTONO

AQUÍ VOS DEIXAMOS UNS DEBUXOS E MURAIS DO OUTONO E MAGOSTO  QUE FIXERON OS NENOS/AS DO NOSO COLE
RELACIONADO CO OUTONO E PARA TRABALLAR A SOLIDARIDADE GUSTOUNOS MOITO ESTE CONTO QUE ATOPAMOS :

miércoles, 14 de noviembre de 2012

martes, 13 de noviembre de 2012

ATA SEMPRE ,SAÑOR ABEL !!!

DENDE FAI ANOS , O SEÑOR ABEL ,ASA AS CASTAÑAS NO MAGOSTO.
BOÍIISIMAS !!!
MAIS , XA É TEMPO DE DESCANSAR.
O VENRES  PASADO DESPEDÍMOSNOS.
A COMUNIDADE EDUCATIVA DA MARISMA : MESTRES ,ANPA E ALUMNADO AGRADECÉMOSLLE MOITÍSIMO ESTE GRAN LABOR QUE DE FORMA TAN DESINTERESADA  E ALEGRE LEVA FACENDO.
NON NOS ESQUEZA ,E O VINDEIRO MAGOSTO VEÑA POR AQUÍ A COMER UNHAS CASTAÑAS E BOTAR UNHAS RISAS.
MOITÍSIMAS GRAZAS ,SEÑOR ABEL !!!
UN BICO E UNHA APERTA MOI GRANDE DENDE A MARISMA DE REDONDELA.

viernes, 9 de noviembre de 2012

CHEGOU O MAGOSTO !!!

QUERÉMOSVOS ENSINAR UNHAS PEQUENAS COUSIÑAS QUE FIXEMOS PARA O COLE E PARA LEVAR A CASA NO MAGOSTO:
-SON VARIOS ANOS FACENDO AS CESTIÑAS PARA  BOTAR AS CASTAÑAS E AS CASCAS RECICLANDO CARTÓNS DE LEITE E ZUME (DAN MOI BO RESULTADO ,QUEDA TODO LIMPO  ).
- NIVEL DE 3 ANOS ELABOROU UNHAS COROAS  .
- OS DE 5 ANOS UNHAS   PALMATORIAS CON FOLLAS NATURAIS.
-OS DE 4 ANOS UNHAS MEDALLAS .   
   

miércoles, 7 de noviembre de 2012

SAÍDA AO CHAN DAS PIPAS

video
OS NEN@S DE 5 ANOS LEVAMOS O NOSO CASTIÑEIRO PARA PLANTALO NUN SOUTO E APROVEITAMOS O BO TEMPO PARA RECOLLER FOLLAS, OURIZOS E CASTAÑAS!

domingo, 4 de noviembre de 2012

SAÍDA DO OUTONO

FAI UNS ANOS NUNHA SAÍDA COS NEN@AS DE 3 ANOS POLA BAIRA DO RÍO PEXEGUEIRO DESCUBRIMOS A CASA DA SEÑORA NOCHA . PEDÍMOSLLE QUE NOS ENSINARA AS OVELLAS, E ELA, MOI AMABLE, MANDOUNOS PASAR.
QUE MARABILLA!!!
DENDE AQUELA CASE TÓDOLOS ANOS VOLTAMOS.
@S NEN@S PÁSANO EN GRANDE.
GRACIÑAS SEÑORA NOCHA E FAMILIA POR SER TAN ATENTOS CONNOSCO!!!

video