sábado, 21 de diciembre de 2013

PARA DIVERTIRSE NO NADAL

AQUÍ VOS DEIXAMOS UNS VÍDEOS PARA ENTRETERSE UN POUQUIÑO E UN LIM DA COMPAÑEIRA JULIA PÉREZ QUE NOS GUSTA MOITÍSIMO .GRACIÑAS JULIA .UN BICO.
PINCHADE NESTE ENLACE:
http://dl.dropboxusercontent.com/u/22431202/ericarle/ericarle.html


BO NADAL

DENDE A ESCOLA DA MARISMA QUEREMOS DESEXAROS UN BO NADAL A TODAS AS FAMILIAS, ALUMNADO, ANPA, COMPAÑEIROS DE PROFESIÓN, ASI COMO A TODAS AQUELAS PERSOAS QUE SEGUIDES O NOSO TRABALLO NO BLOGUE( EN ESPECIAL A ANA DE FERROL).BIQUIÑOS E FELICES FESTAS.

UN DIA MOI ESPECIAL.

RECIBIMOS UN ANO MAIS CON MOITA ILUSION A VISITA DOS REIS MAGOS. MELCHOR, GASPAR E BALTASAR CHEGARON AO COLE NUNS GRANDES COCHES E ALI ESTABAMOS MESTRES E NEN@S CON TODO PREPARADO PARA RECIBILOS COMO SE MERECEN: CON APLAUSOS,BICOS E PANXOLIÑAS.

jueves, 19 de diciembre de 2013

COUSIÑAS DO NADAL

AQUÍ VOS DEIXAMOS  UNHA MOSTRA DO QUE NA NOSA ESCOLA FIXEMOS PARA O NADA. AS FAMILIAS COLABORARON TAMÉN CON ALGÚNS ADORNOS RECICLANDO MATERIAIS.

UNHA PANXOLIÑA MOI ORIXINAL

ESCOITADE ESTA DIVERTIDA PANXOLIÑA QUE FIXEMOS NO COLE

VISITA DO PAXE

UN ANO MAIS RECIBIMOS A VISITA DO PAXE DOS REIS MAGOS.ESPERABAMOS CON MOITAS GANAS ESTE DÍA E XA TIÑAMOS AS CARTAS PREPARADAS PARA DARLLAS. DESEXAMOS QUE CHEGUEN A TEMPO.

martes, 17 de diciembre de 2013

UN CONTO DE AGASALLO

QUE MELLOR AGASALLO PARA ESTAS DATAS QUE UN CONTO. AQUI VOS DEIXAMOS ALGUNHA LECTURA RECOMENDADA.

sábado, 7 de diciembre de 2013

O NADAL NA PONTE DE RANDE

O NADAL CHEGOU A MARISMA. APROVEITANDO QUE ESTAMOS TRABALLANDO UN PROXECTO SOBRE A NOSA RÍA PARTICIPAMOS NO CONCURSO MISTERPAK ENVASARTE  CUNHA IMPRESIONANTE  E NAVIDEÑA PONTE DE RANDE. SE QUERES VER O RESULTADO FAI CLIC NO SEGUINTE ENLACE E VOTA.

http://www.misterpak.es/envasarte/obra/162/el-nacimiento-en-la-ria-puente-de-rande

lunes, 2 de diciembre de 2013

LIBRO DO OUTONO

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN LIBRIÑO QUE FIXEMOS OS NENOS-AS DE 4 ANOS SOBRE O QUE TRABALLAMOS DURANTE O OUTONO.

jueves, 28 de noviembre de 2013

PARTICIPAMOS NO CONCURSO ENVASARTE !!!

ESTES DÍAS NA EEI " A MARISMA " DE REDONDELA ESTIVEMOS TRABALLANDO MOITO PARA FACER O NOSO GRAN PAPA NOEL CON ENVASES RECICLADOS DE TETRA BRIKS.
GRACIÑAS A TODAS AS FAMILIAS QUE COLABORARON TRAENDO ENVASES. XUNTAMOS MOITÍSIMOS!!!
PARTICIPAMOS NO CONCURSO ENVASARTE QUE TEN COMO FINALIDADE CONCIENCIAR AOS NEN@S SOBRE  A RECICLAXE E A RENOVABILIDADE.
POR FAVOR AXÚDANOS VOTANDO!!!
PINCHA NESTA PÁXINA http://www.misterpak.es/envasarte/obras
ENTRA EN : " OBRAS PRESENTADAS VOTA"
A OBRA É : "NUESTRO GRAN PAPÁ NOEL " EEI A MARISMA

miércoles, 27 de noviembre de 2013

XOGOS DE OUTONO

SEGUINDO COA TRADICIÓN DO CURSO ANTERIOR,  A SEMANA PASADA CELEBRAMOS  OS XOGOS DO OUTONO POR NIVEIS.

LANZAMENTO DE CASTAÑAS
CIRCUITO CON CASTAÑAS
EQUILIBRIO CON CASTAÑAS: CASTAÑA-CULLER


domingo, 24 de noviembre de 2013

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


O 25 DE NOVEMBRO FOI DECLARADO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
PARA ELIMINAR ESTA LACRA É FUNDAMENTAL A EDUCACIÓN NON SEXISTA ,IGUALITARIA.
DEIXÁMOSVOS UNS VÍDEOS PARA REFLEXIONAR SOBRE O TEMA.




jueves, 21 de noviembre de 2013

SAÍDA DE 3 ANOS

OS PEQUENIÑ@S DE 3 ANOS SAIRON A OBSERVAR O OUTONO.DESPOIS ELABORARON UN FERMOSO MURAL COS MATERIAIS QUE TROUXERON.

sábado, 16 de noviembre de 2013

MOLI VAI POR REDONDELA !!!

O NIVEL DE  4 ANOS COMEZOU ESTE FIN DE SEMANA A LEVAR A MASCOTA DA CLASE ,MOLI, PARA CASA.
VAI CUN CONTO E CO LIBRO VIAXEIRO ,QUE FARÁN EN COMPAÑA DA SÚA FAMILIA O LONGO DO CURSO.
INICIAMOS O PRESTAMO DE LIBROS DA BIBLIOTECA E DO LIBRO DOS NOMES E APELIDOS QUE ESTAMOS TRABALLANDO DENDE QUE EMPEZOU O CURSO.

jueves, 14 de noviembre de 2013

O TEATRO !!!

OS NIVEIS DE 4 E 5 ANOS FORON ONTE A VIGO Ó TEATRO.ASISTIRON ,XUNTO CON OUTROS COLES , A REPRESENTACIÓN DA OBRA . "NUNCABUNGA". DIVERTÍRONSE MOITÍSIMO!!!

martes, 12 de noviembre de 2013

viernes, 8 de noviembre de 2013

COUSIÑAS DO MAGOSTO

MEDALLAS

               


CESTAS PARA O MAGOSTO







XOGOS PARA ENCESTAR AS CASTAÑAS





COCIÑAMOS NO MAGOSTO

OS NEN@S DE 5 ANOS FIXEMOS UN PEQUENO OBRADOIRO DE COCIÑA: "TRUFAS CON FORMA DE CASTAÑA". CORTAMOS, MESTURAMOS, AMASAMOS, DÉMOSLLE FORMA E DECORAMOS. AQUÍ VOS DEIXAMOS O RESULTADO

lunes, 4 de noviembre de 2013

OS TRES PORQUIÑOS !!!

O NIVEL DE TRES ANOS NO MES DE OUTUBRO TRABALLOU O CONTO :"LOS TRES CERDITOS".


LOS TRES CERDITOS - foto montaje
ESTE É O LIBRO QUE FIXERON

                           
AQUÍ VOS DEIXAMOS O CONTO E A CANCIÓN

jueves, 31 de octubre de 2013

O SAMAÍN

DEIXÁMOSVOS  UNHAS IMAXES DO SAMAÍN.ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN.


PARA DIVERTIRSE UN POUCO :UNS CONTOS DE BRUXAS

miércoles, 30 de octubre de 2013

MANUALIDADES SAMAÍN

3 ANOS : CESTIÑA PANTASMA.
-VASOS DE PLÁSTICO BRANCOS.
-TIRA BRANCA DE PAPEL.
-CINTA BRANCA.
-PINTURA NEGRA .
-PEGAMENTO.
-PAPEL DE SEDA .
-CARAMELOS.
4 ANOS : CABAZA.
-CARTOLINA (4 TIRAS).
-PAPEL SEDA VERDE .
-TESOIRAS .
-PEGAMENTO.
-CARAMELOS NUN PAQUETIÑO  DE PAPEL DE SEDA LARANXA DENTRO DA CABAZA.
5 ANOS : BROCHE DE CABACIÑA.
-UNHA BOLA DE JUMPING CLAY LARANXA (CABAZA ).
-COITELO DE PLÁSTICO.
-UNHA BOLA DE JUMPING CLAY VERDE (CHURROS PARA AS FOLLAS).
-UNHA BOLA DE JUMPING CLAY NEGRA (CHURRO BOCA ).
-OLLOS .
-IMPERDIBLE( NA PARTE DE ATRÁS DA CABACIÑA PARA ENGANCHAR).

 
 
 

ANIMACION CONTO


AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA PEQUENA ANIMACIÓN FEITA COS DEBUXOS DOS NEN@S. É UNHA ADAPTACIÓN DO CONTO  DE " CORRE, CORRE CABACIÑA " DA EDITORIAL OQO.

martes, 29 de octubre de 2013

O SAMAÍN NA NOSA BIBLIOTECA

NA BIBLIOTECA DA ESCOLA CREOUSE UN RECANTO DE SAMAÍN.UN MONSTRUOSO CASTELO CHEO DE MEIGAS ,ESQUELETOS , MORCEGOS...
ALÍ ESTÁN COLOCADOS OS CONTOS RELACIONADOS CON ESTE TEMA E QUE ESTES DÍAS SE LERON.
 DEIXÁMOSVOS  UNHAS IMAXES  E.ALGÚNS CONTOS .

lunes, 28 de octubre de 2013

5 ANOS:ESQUELETOS !!!

EN CINCO ANOS ESTIVERON TRABALLANDO O ESQUEMA CORPORAL . REMATARON CUNS ESQUELETOS ARTICULADOS  COMO ADORNOS PARA O SAMAÍN.

APROVEITAMOS PARA DEIXARVOS A CANCIÓN QUE TANTO LLES GUSTA.
 

domingo, 27 de octubre de 2013

PREPARANDO O SAMAÍN : COROAS ATRAPAMEDOS

EN CATRO ANOS ESTIVEMOS TABALLANDO OS MEDOS E FIXEMOS PARA ADORNAR AS CLASES UNHAS COROAS.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free photo slideshow generated with Smilebox

miércoles, 23 de octubre de 2013

viernes, 18 de octubre de 2013

COÑECEMOS A NOSA RÍA

NESTE CURSO OS NEN@S DE 5 ANOS IMOS LEVAR A CABO UN NOVO PROXECTO: " A NOSA RÍA" CO QUE PRETENDEMOS COÑECER O ENTORNO QUE NOS RODEA: O PORTO,O MARISQUEO, A ILLA DE SAN SIMÓN, O TESOURO DE RANDE... ARIS, A NOSA MASCOTA ACOMPAÑARANOS NESTA AVENTURA.

jueves, 17 de octubre de 2013

CANCIÓN DO OUTONO

EN 4 ANOS APRENDEMOS ESTA CANCIÓN DO OUTONO .ENSINÓUNOLA UNHA COMPAÑEIRA A QUE NUNCA ESQUECEREMOS E TEREMOS SEMPRE NO  NOSO CORAZÓN:

                                CANCIÓN
              PLAN, PLAN, PLAN, PLAN.
             CAEN FOLLAS AMODIÑO.
             PLAN,PLAN,PLAN, PLAN.













            
               PINGA, PINGA ,PINGA
               SEN  PARAR.















               NOCES E CASTAÑAS.
               TATATÁ, TATATÁ.

                  COGOMELOS E MAZÁS.
                  CHUCHUCHÚ.

                  
















                ÑAN, ÑAN ,ÑAN


       





jueves, 10 de octubre de 2013

PROXECTO O OUTONO :AS CABAZAS

NO NIVEL DE 4 ANOS COMEZAMOS PROXECTO NOVO.
ESTES DÍAS FOMOS TRAENDO FROITOS DESTA ÉPOCA DO ANO:OBSERVÁMOLOS,CLASIFICÁMOLOS E PROBÁMOLOS
RIQUÍSIMOS!!! OS QUE MÁIS LLES GUSTARON FORON OS FROITOS SECOS E AS UVAS.
QUEREMOS SABER MOITAS COUSAS DAS CABAZAS.UNHA NAI COSEGUIUNOS UNHA PLANTA COMPLETA. 
PRONTO FAREMOS UNHA SAÍDA PARA DESCUBRIR MÁIS COUSIÑAS.

miércoles, 9 de octubre de 2013

FROITAS E FROITOS DO OUTONO

OS NEN@S DE 5 ANOS ESTIVEMOS OBSERVANDO,TOCANDO, ULINDO, OS DIFERENTES FROITOS DO OUTONO ( CASTAÑAS, FIGOS, MAZÁS,UVAS...).AO FINAL DA XORNADA FIXEMOS UNHA PEQUENA DEGUSTACIÓN.

lunes, 30 de septiembre de 2013

XOGOS PARA 4 ANOS !!!

DEIXÁMOSVOS AQUÍ UNS ENLACES A DIFERENTES ACTIVIDADES ,SOBRE TODO DE MATEMÁTICAS ,COS QUE ÍMOS TRABALLAR ,ENTRE OUTROS ,NAS CLASES DE 4 ANOS.
 PINCHAR AQUÍ:

http://www.symbaloo.com/mix/mates62

domingo, 29 de septiembre de 2013

A FORMIGA BRINCADEIRA DE 3 ANOS !!!



Esta semana comezamos a traballar cos nenos a canción de “O mercado” de Maria Fumasa que polo visto está grabado nunha tenda de Redondela.



Nun folio tamaño A-3 aparece a formiga da que trata a canción.



1ºPicanos nun pé entón poñemoslle gomets circulares azuis a modo de zapatos.

2º Pícanos no cú entón con pintura de dedos vermella deixamos pegadas no cú da formiga.

3º Pícanos na man entón con rotulador amarelo facemos puntos nas mans da formiga.

4º Picanos nas orellas entón con gometes verdes circulares poñemoslle antenas que son as orellas da formiga

5º Pícanos no nariz entón pintamoslle o nariz a formiga e ademáis coloreamos o sol e o chan.

6º Por detrás debuxan a súa propia formiga.

viernes, 27 de septiembre de 2013

SAÍDA DE OUTONO

OS NENOS-AS DE 4 E 5 ANOS SAÍMOS ARREDOR DO COLE PARA VER AS ÁRBORES E OS CAMBIOS QUE SE PRODUCEN NELES COA CHEGADA DESTA ESTACIÓN

miércoles, 25 de septiembre de 2013

RECORTANDO !!!

NESTES DÍAS DE SETEMBRO COMEZAMOS EN 4 ANOS A EMPREGAR AS TESOIRAS E RECORTAR LÍNEAS RECTAS.
-PINTAMOS OS DEDOS PULGAR E CORAZÓN PARA COLLER BEN AS TESOIRAS.
-FIXEMOS XOGOS CON ELAS:CORTAR O AIRE ,ABRIR COMA A BOCA DO CROCODILO...
-CORTAMOS TIRAS DE XORNAL,REVISTAS .
-CORTAMOS POR UNHA RAIA ,RECORTAMOS E PEGAMOS FOTOS DE REVISTA.

sábado, 21 de septiembre de 2013

UNHA EIRUGA !!!

O VENRES ATOPAMOS NO AREEIRO UNHA EIRUGA . ESTÁ  MOI  GORDIÑA  E GRANDE . ÍMOS  DARLLE  BEN  DE  COMER  PARA  OBSERVAR , SE  É POSIBLE , COMO  SE  CONVERTE  NUNHA  FERMOSA  BOLBORETA. 
OS  NEN@  ESTÁN  ENCANTADOS  CON  ELA   !!!
DEIXÁMOSVOS O CONTO "UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA " VERSIONADA POR NEN@S.
E UNHAS ACTIVIDADES LIM DA PROFE PAULA CAMPOS DO CEIP RÍA DE VIGO


lunes, 16 de septiembre de 2013

UN ANO MAIS RECIBIMOS CON MOITA ILUSIÓN E AGARIMO ÓS NEN@S QUE COMEZAN ESTA NOVA ETAPA. DURANTE ESTES DÍAS ESTAMOS NO PERÍODO DE ADAPTACIÓN,QUE É ESE TEMPO QUE CADA NEN@ PRECISA PARA ADAPTARSE ÓS NOVOS ESPAZOS, ÓS COMPAÑEIR@S,ÓS NOV@S MESTRES... AQUÍ ESTÁN NOS SEUS PRIMEIROS DÍAS DE COLE. CONFIAMOS QUE MOI PRONTO TOD@S VEÑAN Á ESCOLA CUN GRAN SORRISO

jueves, 12 de septiembre de 2013

A VOLTA Ó COLE!

BENVIDOS NEN@S, FAMILIAS E MESTRES A UN NOVO CURSO ESCOLAR. DESPOIS DAS VACACIÓNS O BLOGUE COMEZA TAMÉN A POÑERSE EN MARCHA PARA  MOSTRARVOS O DÍA A DÍA DA NOSA ESCOLA.

DEIXÁMOSVOS UN RESUMO DO NOSO PRIMEIRO DÍA DE COLE!

jueves, 5 de septiembre de 2013

BENVID@S Ó CURSO 2013/2014

CON MOITA  ILUSIÓN  ESTAMOS POÑENDO TODO  EN  MARCHA  PARA   ESTE NOVO CURSO.ESTAMOS  RECOLLENDO  O  MATERIAL, COMO  VOS  INDICAMOS  EN  XUÑO,E RECIBINDO AS  FAMILIAS  E  NEN@S  DE  3   ANOS .
LEMBRADE   QUE   AS    CLASES  COMEZAN  O  MÉRCORES 11.
HORARIO:   4 E 5 ANOS   DE  9 A 14 HORAS.
                    3 ANOS   EN PERIODO  DE  ADAPTACIÓN.
DEIXÁMOSVOS  UN  PAR  DE  ENLACES  A  DOUS  ARTIGOS  QUE  PODEN  SER  ÚTILES PARA  AS  FAMILIAS  DE  NEN@S  QUE  SE  INCORPORAN  POR  PRIMEIRA  VEZ  Ó  COLE.
-"AL COLE POR PRIMERA VEZ " DE MIREN
http://laclasedemiren.blogspot.com.es/2013/09/al-cole-por-primera-vez.html
-"EL PERIODO DE ADAPTACIÓN ESCOLAR INFANTIL" DA  REVISTA  DIGITAL  DE  LA UNIVERSIDAD  DE PADRES ONLINE.
http://revista.universidaddepadres.es/index.php?option=com_content&view=article&id=655&Itemid=642

FELIZ CURSO PARA TOD@S!!!!!

martes, 2 de julio de 2013

CHEGARON AS VACACIÓNS !!!

REMATOU O CURSO.DESPEDIMOS ,COMA SEMPRE, CON FESTA E BASTANTES BÁGOAS ,AOS ALUMN@S DE 5 ANOS.XA SON MAIORES !, VANSE PARA PRIMARIA !, MOITA SORTE !!!.
QUEREMOS DAR AS GRAZAS POLO SEU TRABALLO AO EQUIPO DE MESTR@S ,AOS NOSOS ALUMN@, AS FAMILIAS,A ANPA,E A TÓDALAS PERSOAS QUE COLABORARON CONNOSCO Ó LONGO DESTE CURSO.
GRACIÑAS !!!.
TAMÉN AOS NOS@S SEGUIDOR@S,SOBRE TODO A ANA MARTÍNEZ 
( http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com.es/),QUE TANTOS ÁNIMOS NOS DA.UN BIQUIÑO .BO VERÁN!!!
NO SYMBALOO ,NO LATERAL DEREITO ,TEDES ACTIVIDADES PARA XOGAR NO VERÁN.,
DISFRUTADE MOITO!!!

viernes, 28 de junio de 2013

AQUÍ TEDES ALGUNHAS FOTOS DO FESTIVAL FIN DE CURSO. ESTAS SON ALGUNHAS DAS ACTUACIÓNS QUE FIXERON OS NENOS-AS DE 5 AÑOS

jueves, 27 de junio de 2013

LIBRO DAS ABELLAS

NO TERCEIRO TRIMESTRE OS NENOS-AS DE 4 ANOS ESTIVEMOS TRABALLANDO O TEMA DAS ABELLAS. AQUÍ DEIXÁMOSVOS UN LIBRIÑO ONDE RESUMIMOS O APRENDIDO

martes, 25 de junio de 2013

FESTA DA FROITA

COMO CADA ANO NO MES DE XUÑO, CELEBRAMOS NO COLE A FESTA DA FROITA. FOI UN DÍA MOI DIVERTIDO, NO QUE ADEMAIS DE COMER DIFERENTES TIPOS DE FROITA, DESFRUTAMOS DE XOGOS E OBRADOIROS

lunes, 24 de junio de 2013

REVISTA COKIÑA 2013

FESTA FIN DE CURSO

O DÍA 21 POLA MAÑÁN CELEBRAMOS A FESTA DE FIN DE CURSO ORGANIZADA POLA ANPA :
- ACTUACIÓN DAS MAIMIÑAS, FABULOSAS !!!.
SEGUINDO CO PROXECTO DE 5 ANOS," A VOLTA Ó MUNDO", FIXERON UN ESPECTÁCULO CON ESE TEMA. RIMOS , CANTAMOS E BAILAMOS MOITÍSIMO.
RECOMÉNDOVOLAS.
-MERENDOLA.
-INCHABLES.
-PARACAÍDAS.
-TALLER DE MAQUILLAXE .
GRAZAS A TOD@S POLA VOSA AXUDA !!!
PASÁMOLO MOI BEEEEEEEEEEEN!!!
 


martes, 18 de junio de 2013

O CORPO 3 ANOS

O LONGO DESTE TRIMESTRE ESTIVEMOS FACENDO UN PROXECTO SOBRE O CORPO.
APRENDEMOS ALGUNHAS COUSIÑAS , CONTINUAREMOS O VINDEIRO CURSO.

sábado, 8 de junio de 2013

XOGOS DE AUGA!!!

COMA TÓDOLOS MESES CELEBRAMOS A SEMANA DE XOGOS NO RECREO :
- A PESCAR !!!
-CIRCUITO DE AUGA!!!
-GLOBOS DE AUGA!!!
DEIXÁMOSVOS ALGÚNS INTRES DOS NEN@AS DE 45 E 4 ANOS .SENTÍMOLO PERO AS FOTOS DE 3 ANOS ESTRAGÁRONSE.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create your own free digital slideshow

jueves, 6 de junio de 2013

A NOSA CURTA DE ANIMACIÓN: PÉTALA

ESTE ANO, DECIDIMOS PARTICIPAR NO CONCURSO " NÓS TAMÉN CREAMOS",INICIATIVA PROMOVIDA POLA SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA E A DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA EN COLABORACIÓN COA CRTVG E CON OQO EDITORA. NESTE CONCURSO IMPLICÁMONOS NEN@S E PROFESORADO NA ELABORACIÓN DUNHA CURTA DE ANIMACIÓN BASEADA NUN CONTO INFANTIL: PÉTALA
VELAQUÍ DOUS MESES DE DURO TRABALLO NA ELABORACIÓN DOS PERSONAXES, DECORADOS, FOTOGRAFÍAS E RODAXE... DESEXAMOS QUE VOS GUSTE .
PARA VER A CURTA FAI CLIC NO SEGUINTE ENLACE
                  http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos/eei-a-marisma

martes, 4 de junio de 2013

A FIN DA VIAXE

OS NEN@S DE 5 ANOS REMATARON A SÚA VOLTA POLO MUNDO. NESTES DOUS TRIMESTRES APRENDERON MOTÍSIMAS COUSAS.ESTES DÍAS LEVARON PARA A CASA O LIBRO DO PROXECTO ,O PASAPORTE E O MAPA DO MUNDO.
DEIXÁMOSVOS UNS DEBUXOS PRECIOSÍSIMOS
PARABÉNS AOS ALUMNO@S E AS MESTRAS POLO SEU TRABALLO.

miércoles, 29 de mayo de 2013

A COCA,FESTA GRANDE EN REDONDELA.!!!

O 30 DE MAIO É O DÍA DA COCA E NON TEMOS CLASE. ÏMOS DISFRUTAR COAS ALFOMBRAS,CABEZUDOS ,BAILE DAS PENLAS ,BAILE DAS ESPADAS ...E COMO NON ,COA COCA.
ESTES DÍAS CONTÁMOSLLES OS NEN@S A LENDA DA COCA .ASÍ É COMO ELES A IMAXINAN.

A lenda do dragón: A Coca

Esta é a lenda da Coca tal coma ma contaron a min os vellos que viñan ó bar dos meus pais. Redondela e unha vila mariñeira do sur de Galicia, situada entre Vigo e Pontevedra, con moita historia, a vila dos viadutos, dos chocos, do mariñeiro Xan Carallas e da Coca.
No s. XVI , non se sabe a dat exacta, na desembocadura do río Alvedosa, cara a ría de Vigo, uns rapaces miraron como se no río, debaixo da auga, estivese fervendo unha ola do cocido xigante. Quedaron abraiados con aquilo, correndo polo camiño da portela cara a vila e mirando de reollo como, o que parecia unha ola do cocido xigante fervendo, seguia en movemento. Cando chegaron á rampla que había fronte á ribeira do peixe xa había unha morea de xente asustada, rezando os seus rosarios e pensando que aquilo era a fin do mundo.
Algo empezou a xurdir do fondo do río; era un dragón enorme de color verdosa e con un limo que lle esvaraba polo corpo, con unhas ás, máis ben pequeniñas para o corpo que tiña, e un rabo longo acabado en punta, como a punta que ten a vara de pescar carallotes ou navallas.
Quedaron todos paralizados polo medo mirando semellante aparición. Subindo pola rampla e bufando, movendo a cabeza a dereita e a esquerda, como se estivese buscando algo. De repente colleu unha rapaza coa boca pola cintura, meteuse no río e desapareceu. Coma se non pasara nada, os veciños resignados marcharon para as súas casas.
E desde ese momento todos os anos pola mesma data, a do Corpus Christi, deixábase unha moza na rampla para que o dragón (A coca) quedase satisfeito.
Ata que os rapaces novos da vila non aguantaron máis, aquilo non podía seguir así. Xuntándose todos foron á Forxa de Baldomero e fixeron espadas para matar o dragón. Todos a unha acabarían con el e deixaría de levar as mozas da vila. Agardaron a noite e cando o dragón apareceu botáronse contra del cravándolle as espadas e acabando coa súa vida.
Celebrouse unha gran festa, os mozos bailando coas espadas ainda ensanguentadas, as mulleres collían as mozas poñéndoas enriba dos seus ombreiros dando voltas ó son das gaitas. Os mariñeiros da vila sacaron viño e peixe seco con pan para todos....e desde ese día en Redondela celebrase a Festa da Coca, onde a danza das espadas, os cabezudos e as penlas son a gran celebración.

[Relato achegado por Xosé Manuel Cabaleiro Santos, de Catapeixe, Cesantes (Redondela), en febreiro de 2009]
 ASÍ É COMO EL@S A IMAXINAN.

martes, 28 de mayo de 2013

martes, 21 de mayo de 2013

FESTIVAL DE TÍTERES

O XOVES 16 ASISTIMOS A REPRESENTACIÓN DA OBRA:" LOS ANIMALES DE DON BALTASAR" DA COMPAÑÍA TEATRO TELONCILLO.

jueves, 16 de mayo de 2013

jueves, 9 de mayo de 2013

jueves, 2 de mayo de 2013

domingo, 28 de abril de 2013

O CORPO , 3 ANOS

NO NIVEL DE 3 ANOS COMEZAMOS ESTE TRIMESTRE UN PROXECTO SOBRE O CORPO .DEIXÁMOSVOS ALGUNHAS ACTIVIDADES  QUE ESTAMOS A FACER.