martes, 26 de febrero de 2013

SAÍDA DE 4 E 5 ANOS Ó TEATRO

OS NEN@S DO NIVEL DE 4 E 5 ANOS FORON Ó TEATRO A PONTEVEDRA. ASISTIRON A REPRESENTACIÓN DE ."TRISTÁN CARA DE CAN ".DESPOIS  ESTIVERON  NA ALAMEDA NO PARQUE. PASÁRONO MOI BEEEEN !!!

sábado, 23 de febrero de 2013

PARA DIVERTIRSE UN POUCO !!!

EN 3 ANOS ESTAMOS FACENDO UN PROXECTO SOBRE UN ANIMAL DOMÉSTICO, A OVELLA.
AQUÍ VOS DEIXAMOS UNS XOGOS  QUE ATOPAMOS  EN INTERNET  PARA QUE SE DIVIRTAN NA CASA OS PEQUEN@S.
PINCHADE AQUÍ:
http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/aplicaciones/agranja/index.htm

lunes, 18 de febrero de 2013

A VOLTA Ó MUNDO EN 80 DÍAS

OS NENOS-AS DE 5 ANOS ESTÁN TRABALLANDO NESTE TRIMESTRE O PROXECTO DA VOLTA Ó MUNDO.
AQUÍ DEIXÁMOSVOS UNS DEBUXOS SOBRE O TEMA !

viernes, 15 de febrero de 2013

domingo, 10 de febrero de 2013

ENTROIDO 2013 !!!

DESPOIS DE MOITO TRABALLAR PARA REMATAR OS DISFRACES , TODO LISTO!!!
SAÍMOS EN COMPARSA POLA VILA . A VOLTA COMEMOS FILLOAS E ORELLAS .

video

viernes, 8 de febrero de 2013

A ANPA CONVOCOU O PRIMEIRO CONCURSO DE FILLOAS E ORELLAS

CONCEDÉRONSELLE  PREMIOS AS MELLORES ORELLAS, AS MELLORES  FILLOAS E A MELLOR  PRESENTACIÓN.
AS  GANADORAS  FORON: A FAMILIA   DE  NOA  E  KIRA , DE 3 ANOS  E A  DE  LOLA, DE 5 ANOS. NORABOA!!!

jueves, 7 de febrero de 2013

MANUALIDADES DO ENTROIDO

ESTA SEMANA TRABALLAMOS MOITO PARA REMATAR OS DISFRACES E FACER ALGUNHA  CARETA E ANTEFACE:
-3 ANOS . CARETAS DE PEPPA PIG.
-4 ANOS .ANTEFACES  EMPREGANDO SIMETRÍAS (MANCHAS DE PINTURA NA METADE DUNHA CARTOLINA BRANCA . DOBRAR E ALISAR . CALCAR A SILUETA   DO ANTEFACE. PICAR. RECORTAR .BARNIZAR . ADORNAR CUNHA PLUMA).
-5 ANOS ANTEFACE

FOTOS DA PAZ

O PASADO FIN DE SEMANA OS  NOSOS NEN@S LEVARON " DEBERES " PARA A CASA.
VISITAR A ALGUÉN QUE QUIXERAN MOITO, DARLLE UN BICO E SACAR UNHA FOTO.
FIXEMOS UNHA EXPOSICIÓN CON ELAS. QUE BONITAS !!!

miércoles, 6 de febrero de 2013

martes, 5 de febrero de 2013

O NOSO MECO

COMO XA CHEGA O ENTROIDO ESTA SEMANA O MECO INDÍCANOS COMO DEBEMOS VIR Ó COLE. QUE DIVERTIDO !!!

MARTES- CALZADO DIEFERENTE.
MÉRCORES- CALQUERA COUSA NA CABEZA.
XOVES- TRAEREMOS GRANIÑOS NA CARA.
VENRES- CADA NIVEL CO DISFRAZ QUE LLE CORRESPONDE.


sábado, 2 de febrero de 2013

XOGOS DA SEMANA DA PAZ

DURANTE ESTA SEMANA NO RECREO E POR NIVEIS FIXEMOS VARIOS XOGOS DE PARELLAS ,EQUIPO ,COLABORACIÓN ...:
-A DIANA DA PAZ :TIRAR A PELOTIÑA DE UN EN UN E CUMPRIR A ORDE QUE NOS INDIQUE (DARLLE UN BICO ,UNHA APERTA...A UN COMPAÑEIR@ ).
-CARREIRAS DE PARELLAS :UNIDOS POR UNHA PERNA E DA MAN SALVAR OBSTÁCULOS.
-XOGO DO PANO .
-PUZZLE POR EQUIPOS : IR A BUSCAR AS PEZAS DO PUZZLE SALTANDO OBSTÁCULOS E CORRENDO.
-BAILE POR PARELLAS CON GLOBO.