martes, 16 de diciembre de 2014

PANXOLIÑA " O PELO ROXIÑO"

ESTA É UNHA DAS PANXOLIÑAS QUE ESTAMOS APRENDENDO OS NEN@S DA MARISMA. AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VIDEO VERSIÓN KARAOKE DO CEIP PLURILINGÜE SAN XOÁN.

A OUTRA CARTA

IKEA NA SÚA CAMPAÑA DE NADAL, PRESENTA ESTE ORIXINAL VIDEO, NO QUE  OS XOGUETES QUEDAN A UN LADO E ABREN  PASO O QUE REALMENTE QUEREN OS NEN@S: DISFRUTAR COS SEUS PAIS, PASAR MAIS TEMPO CON ELES...ETC

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O NADAL


lunes, 15 de diciembre de 2014

VISITAMOS A PANADARÍA-FORNO " O CRUCEIRO"

OS NEN@S DE 5 ANOS SEGUINDO CO PROXECTO RELACIONADO COS ALIMENTOS, VISITAMOS A PANADARÍA- FORNO "O CRUCEIRO"

martes, 9 de diciembre de 2014

OS NEN@S DE 5 ANOS TRABALLAMOS A ARCIMBOLDO

EN 5 ANOS SEGUIMOS TRABALLANDO AS OBRAS DE ARTE. DESPOIS DE TRABALLAR OS BODEGÓNS TOCOULLE O TURNO A ARCIMBOLDO. AQUÍ ESTÁN ALGUNHAS DAS NOSAS CREACIÓNS.

lunes, 1 de diciembre de 2014

martes, 25 de noviembre de 2014

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


 25 DE NOVEMBRO DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


 











LOITEMOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO DENDE UNHA EDUCACIÓN NON SEXISTA E IGUALITARIA.

jueves, 20 de noviembre de 2014

OS  NEN@S DE 4 ANOS ESTÁN  A  APRENDER UNHA CANCIÓN  MOI  DIVERTIDA  DAS VOGAIS... AQUI   VOLA   DEIXAMOS PARA QUE A ESCOITEDES...


VISITA Ó CENTRO DE DÍA ARELA

OS NENO-AS DE 5 ANOS FIXEMOS UNHA ACTIVIDADE CONXUNTA CO CENTRO DE DÍA ARELA, ONDE PEQUENOS E MAIORES GOZAMOS CON CANCIÓNS, BAILES E OBRA DE TEATRO.

viernes, 14 de noviembre de 2014

MAGOSTO 2104

NESTE MES DE NOVEMBRO CELEBRAMOS NO COLE A FESTA DO MAGOSTO. ESTE ANO COMO NOVIDADE FÍXOSE UNHA DEGUSTACIÓN DE DOCES TÍPICOS DO MAGOSTO: GRAZAS A TODOS AQUELES QUE PARTICIPASTES.

martes, 11 de noviembre de 2014

VISITA A FUNDACIÓN EN VIGO DOS NEN@S DE 5 ANOS

O ALUMNADO DE 5 ANOS DENTRO DO PROXECTO DO MERCADO ESTAMOS A TRABALLAR O ARTE E VISITAMOS A FUNDACIÓN. ALÍ BUSCAMOS A MASCOTA, PINTAFONTES, QUE NOS SERVIU DE GUIA POLO MUSEO E EMPREGANDO OS DIFERENTES SENTIDOS DESCUBRIMOS CARACTERISTICAS DA PINTURA E ESCULTURA... TAMÉN DEIXANDO VOAR A NOSA IMAXINACIÓN CREAMOS O NOSO PROPIO CADRO.

miércoles, 5 de noviembre de 2014

martes, 4 de noviembre de 2014

SAÍDA DO OUTONO DOS NEN@S DE 3 ANOS

OS NEN@S DE 3 ANOS SAÍMOS POLO ENTORNO DO COLEXIO PARA OBSERVAR OS CAMBIOS QUE SE PRODUCEN NO NOSO ENTORNO NO OUTONO...PASAMOLO XENIAL

viernes, 31 de octubre de 2014

miércoles, 29 de octubre de 2014

TEO E O SEU CALCETÍN

OS NENOS-AS DE 4 ANOS ESTIVEMOS TRABALLANDO O CONTO: "TEO E O SEU CALCETIN"...AQUÍ VOS DEIXAMOS UN LIBRIÑO ONDE RECOLLIMOS O TRABALLO QUE FIXEMOS SOBRE O CONTO.

SAIDA DO OUTONO DOS NEN@S DE 4 ANOS

OS NEN@S DE 4 ANOS SAÍMOS A CHAN DAS PIPAS, PARA VER OS CAMBIOS QUE SE PRODUCEN NO ENTORNO COA CHEGADA DO OUTONO...

martes, 28 de octubre de 2014

VISITA O SUPERMERCADO FROIZ

OS NENOS-AS DE 5 ANOS VISITAMOS O SUPERMERCADO FROIZ DE REDONDELA.FIXEMOS A NOSA PROPIA COMPRA: COUSAS PARA ALMORZAR, PARA XANTAR,PARA O ASEO...QUEREMOS DALAS GRAZAS A TODOS-AS OS TRABALLADORES-AS POLA SÚA COLABORACIÓN E IMPLICACIÓN.

martes, 21 de octubre de 2014

LIMÓN E LIMOADA

OS NEN@S DE 3 ANOS SEGUIMOS TRABALLANDO A COR AMARELA. DESPOIS DE VER, ULIR, TOCAR E PROBAR OS LIMÓNS FIXEMOS UNHA DELICIOSA LIMOADA

miércoles, 15 de octubre de 2014

POLLITO AMARILLITO

NAS AULAS DE 3 ANOS, DADO QUE ESTAMOS TRABALLANDO COAS MANS E A COR AMARELA, ATOPAMOS ESTE VIDEO QUE NOS GUSTA MOITO...

martes, 7 de octubre de 2014

DEBUXOS DE BODEGÓNS

OS NEN@S DE 5 ANOS SEGUIMOS TRABALLANDO O PROXECTO DO MERCADO. NESTOS DÍAS ESTIVEMOS VENDO AQUELAS OBRAS DE ARTE ONDE APARECIAN FROITAS, ANIMAIS, OBXECTOS, PLANTAS: "OS BODEGÓNS". MIRADE QUE BEN QUEDARON OS NOSOS.

sábado, 4 de octubre de 2014

PARA APRENDER E DIVERTIRSE !!

O NIVEL DE 5 ANOS EMPEZOU UN PROXECTO SOBRE O MERCADO . AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA SERIE DE ENLACES A ACTIVIDADES ATOPADAS EN INTERNET PARA QUE SE DIVIRTAN OS NENOS E NENAS.
 GRACIAS A TODOS E TODAS POR COMPARTIR.
PINCHADE NO ENLACE :
http://www.symbaloo.com/mix/alimentamonos



martes, 30 de septiembre de 2014

OS DE 3 ANOS XOGAN NOS RECUNCHOS

@S NEN@S DE 3 ANOS PÁSANO MOI BEN NOS RECUNCHOS DA CLASE.

PROXECTO "O MERCADO"

OS NENOS-AS DE 5 ANOS ESTAMOS A TRABALLAR O PROXECTO "O MERCADO". GRAZAS A ACTIVIDADE " O MERCADO DE REDONDELA NA ESCOLA" POIDEMOS VISITAR E COÑECER O NOSO MERCADO.
...

viernes, 12 de septiembre de 2014

BENVID@S A EEI A MARISMA

O VENRES RECIBIMOS AO SEGUNDO GRUPO DE NEN@S DE 3 ANOS...BENVIDOS A TOD@S
UN CURSO MAÍS RECIBIMOS CON MOITA ILUSIÓN OS NOVOS NEN@S. ESTA SEMANA COMEZAMOS CO PERIODO DE ADAPTACIÓN:AQUÍ ESTÁ O GRUPO A NO SEU PRIMEIRO DIA

martes, 2 de septiembre de 2014

martes, 1 de julio de 2014

BO VERÁN !!!

O DIA 18 POLA TARDE CELEBRAMOS A FESTA DE DESPEDIDA DO NIVEL DE 5 ANOS : OBRAS DE TEATRO ,CANCIÓNS, BAILES ,ENTREGA DE DIPLOMAS , FOTOGRAFÍAS...
UNHA XORNADA MOI DIVERTIDA E EMOTIVA ,ONDE HOUBO ALGUNHA QUE OUTRA BÁGOA O DESPEDIR A ESTES NENOS E NENAS QUE LEVAN CON NÓS TRES ANOS .
PARECE QUE CHEGARON ONTE E ...CANTO MEDRARON !!! CANTAS COUSAS VIVIMOS XUNTOS !!!
MOITA SORTE E VINDE A VISITARNOS !!!


MARCHAMOS DE VACACIÓNS. AGRADECER A TODAS E TODOS  O ESFORZO 
REALIZADO AO LONGO DO CURSO , TODAS ESAS HORAS ADICADAS PARA QUE O CENTRO FUNCIONE CADA VEZ MELLOR.
GRACIÑAS AOS MESTRES E MESTRAS ,A ANPA,AS FAMILIAS ,AS PERSOAS QUE DESINTERESADAMENTE NOS AXUDARON ,AOS SEGUIDOR@S DESTE BLOGUE....
E SOBRE TODO AOS NOSOS ALUMN@S QUE TANTO TRABALLARON.
UN BICO E BO VERÁAAN !!!

martes, 24 de junio de 2014

REVISTA COKIÑA 2013-2014

ESTA É A REVISTA QUE DENDE HAI ANOS RECOLLE O DÍA A DÍA DA NOSA ESCOLA. IMOS XA POLA EDICIÓN Nº 12...GRAZAS A TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN

lunes, 23 de junio de 2014

FESTA FIN DE CURSO

A ANPA ORGANIZOU UNHA FESTA NA QUE OS NENO-AS DISFRUTARON DE INCHABLES, MERENDA E OBRADOIROS DE MAQUILLAXE

miércoles, 18 de junio de 2014

POSTER CENTRAL DA REVISTA COKIÑA 2014

AQUÍ TEDES  O POSTER CON TODO O ALUMNADO DESTE CURSO 2013-2014. ESTE ANO ESCOLLEMOS A PONTE DE RANDE E A RÍA DE VIGO COMO TEMA CENTRAL, POIS FOI UN PROXECTO QUE ESTIVERON TRABALLANDO OS NEN@S DE 5 ANOS.

lunes, 16 de junio de 2014

A NOSA CURTA DE ANIMACIÓN: " O SEÑOR RAMÓN E A SEÑORA RAMONA"

UNHA VEZ MAIS PARTICIPAMOS NO CONCURSO "NOS TAMÉN CREAMOS" COA CURTA :"O SEÑOR RAMÓN E A SEÑORA RAMONA" ( adaptación do conto o Señor Ramón e a Señora Ramona de OQO editora). 
video
DESPOIS DE TANTO ESFORZO  XA ESTÁ REMATADA...AQUÍ VOS DEIXAMOS O RESULTADO!.
SE QUEREDES VER OUTROS TRABALLOS "NÓS TAMÉN CREAMOS 2014" FAI CLIC NO SEGUINTE ENLACE
http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos

viernes, 13 de junio de 2014

"AS MAIMIÑAS"

UN ANO MAIS RECIBIMOS A VISITA DAS "MAIMIÑAS", CON ELAS E A SÚA MÚSICA BAILAMOS E CANTAMOS!

jueves, 12 de junio de 2014

MATRIOSKAS

NO NIVEL DE 4 ANOS DENTRO DO PROXECTO RUSIA FIXEMOS UNHAS MATRIOSKAS CON VASOS DE PLÁSTICO.
-3 VASOS DE PLÁSTICO DE DIFERENTES TAMAÑOS.
-ROTULADOR NEGRO PERMANENTE.
-PINTURAS PARA PLÁSTICO.
-PINCEL.
-BASTONCILLOS  .
-PAPEL CELOFÁN TRANSPARENTE.
-CORDONCILLO DE CORES .
DESPOIS DE MOITO TRABALLAR QUEDARON ASÍ DE PRECIOSAS.

martes, 10 de junio de 2014

LIBRO :" ASÍ SOMOS NÓS "

O NIVEL DE 3 ANOS ESTIVO TRABALLANDO O ESQUEMA CORPORAL E OS NOMES DA CLASE. ELABORARON O LIBRO : "ASÍ SOMOS NÓS"

PROXECTO RUSIA

O LONGO DO SEGUNDO E TERCEIRO TRIMESTRE OS NEN@S DO NIVEL DE 4 ANOS ESTIVEMOS TRABALLANDO UN PROXECTO SOBRE RUSIA, APROVEITANDO A VIAXE QUE DINARA E SABELA FIXERON A ESTE PAIS

lunes, 9 de junio de 2014

EXCURSION FIN DE CURSO DOS NEN@S DE 5 ANOS

PARA REMATAR O PROXECTO DA NOSA RÍA E PARA DESPEDIRNOS DESTE CURSO OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS FOMOS DE EXCURSIÓN AO MUSEO DE MEIRANDE E A ILLA DE SAN SIMON.. FOI UN DIA MOI DIVERTIDO CHEO DE HISTORIAS, PIRATAS E TESOUROS.AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS

martes, 3 de junio de 2014

VISITAS !!!

A SEMANA PASADA O NIVEL DE 5 ANOS FOI A COÑECER O COLE DE PRIMARIA.PASÁRONO MOI BEN.
 HOXE VISITÁRONNOS OS NENOS E NENAS DA GARDERÍA CARRUSEL. O VINDEIRO CURSO VARIOS ALUMN@S VIRÁN PARA O NOSO COLE.
 FOI UN GRAN PRACER COMPARTIR CON ELES ESTA XORNADA: XOGAMOS ,CANTAMOS ...
BENVID@S !!!

lunes, 2 de junio de 2014

TÍTERES E TEATRO EN MAIO

OS NENOS E NENAS DA MARISMA ASISTIMOS NESTE MES DE MAIO AO FESTIVAL INTERNACIONAL DE TITERES DE REDONDELA  Á VER A OBRA DE TEATRO " EL GUARDIÁN DE LOS CUENTOS"



TAMÉN NO TEATRO DE VIGO, DISFRUTAMOS DA REPRESENTACIÓN TEATRAL: " EL GALLO DE LA VELETA"


  


domingo, 18 de mayo de 2014

FACEMOS PAN E PLANTAMOS LENTELLAS.

NO NIVEL DE 3 ANOS SEGUEN TRABALLANDO CO CONTO DE :"LA GALLINITA ROJA".ELABORARON PAN E ESTÁN OBSERVANDO COMO XERMINAN AS PLANTAS.

viernes, 16 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS 2014

UN ANO MÁIS PARTICIPAMOS NO CONCURSO "NÓS TAMÉN CREAMOS"  COA CURTA : " O SEÑOR RAMÓN E A SEÑORA RAMONA ".COMA XA ESTÁ REMATADA ESTRENÁMOLA PARA TODO O COLE PARA CELEBRAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS PRÓXIMAMENTE 
SUBIRÉMOLA Ó BLOG.

ESTES DÍAS ESTIVEMOS APRENDENDO COUSAS DE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO. 3 ANOS:
4 ANOS :
5 ANOS:

miércoles, 14 de mayo de 2014

FESTA DA FROITA

O VENRES PASADO A ANPA CELEBROU,COMA TÓDOLOS ANOS , A XA TRADICIONAL FESTA DA FROITA PARA FOMENTAR O SEU CONSUMO ENTRE OS NENOS E NENAS.
ESTABA BOÍSIMA.
QUEN QUIXO POIDO PROBALA CON CHOCOLATE .RIQUÍSIMAAAAAAAA !!!!!
DESPOIS HOUBO TALLER DE MAQUILLAXE.
MOITÍSIMAS GRAZAS A TÓDOLAS NAIS E PAIS POLA SÚA COLABORACIÓN.
TAMÉN A ANPA POR TODAS ESAS HORAS QUE TRABALLAN DESINTERESADAMENTE PARA AXUDAR A QUE O CENTRO VAIA CADA VEZ MELLOR.

lunes, 12 de mayo de 2014

miércoles, 7 de mayo de 2014

FLOREIRO CON MANS !!!

EN 3 ANIÑOS ESTÁN TRABALLANDO O CORPO E A PRIMAVERA 
QUE MARABILLOSO FLOREIRO  FIXERON:
-UN FOLIO DE COR.
-MARCAMOS UNHA MAN.
-PICÁMOLA .
-DECORAMOS UN VASO DE IOGUR.
-PICAMOS UNHA FOLLA.
- PEGAMOS NUNHA PALLA DE REFRESCO.
-EEEEEEEEE...

martes, 6 de mayo de 2014

PROXECTO RUSIA !!!

EN 4 ANOS CONTINUAMOS TRABALLANDO SOBRE RUSIA:
-O ALFABETO CIRÍLICO E OS NOSOS NOMES.
-KANDINSKY E A PINTURA ABSTRACTA, DEIXÁMOSVOS UNHA MOSTRA DA OBRA"CÍRCULOS CONCÉNTRICOS".
-GRANDES COMPOSITORES: TCHAIKOVSKY, "EL LAGO DE LOS CISNES ".
PROKOFIEV,"PEDRO Y EL LOBO ".
RIMSKY- KORSAKOV, "EL VUELO DEL MOSCARDÓN "

miércoles, 30 de abril de 2014

viernes, 25 de abril de 2014

LA GALLINITA ROJA

EL NIVEL DE TRES AÑOS ESTUVO TRABAJANDO ESTE CUENTO A LO LARGO DEL SEGUNDO TRIMESTRE: DRAMATIZACIÓN ,MURAL , DIBUJO ...
CON DIFERENTES TÉCNICAS  CADA UN@ ELABORÓ UN PRECIOSO CUENTO QUE LLEVÓ PARA CASA EL DÍA DEL LIBRO.

jueves, 24 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO

ONTE CONTAMOS COA ACTUACIÓN DE LOLO E ANDREA.
DIVERTÍMONOS MOITO COAS SÚAS CANCIÓNS.
GRACIÑAS ,ESPERAMOS QUE VOLTEDES OUTRO DÍA.

miércoles, 23 de abril de 2014

MANUALIDADES DÍA DO LIBRO

3 ANOS, UN CONTO : " LA GALLINITA ROJA"


4 ANOS , "DON QUIJOTE DE LA MANCHA", ADORNO PARA O LAPIS.
5 ANOS , MARCAPÁXINAS MONSTRUOSO.

PARA DIVERTIRSE UN POUQUIÑO:




 PINCHADE NA DIRECCIÓN:
http://nea.educastur.princast.es/quixote/index2.htm

jueves, 10 de abril de 2014

EXPOSICIÓN DE ANGEL BARROS!!!

O NIVEL DE 4 ANOS FOMOS O MULTIUSOS DA XUNQUEIRA A EXPOSICIÓN DE ANGEL BARROS.
FABULOSAS REPRODUCCIÓNS DAS MENINAS ,O EXPOLIO, A CARGA DOS MAMELUCOS...
A VOLTA APROVEITAMOS PARA OBSERVAR POLA ALAMEDA AS PLANTAS E ÁRBORES QUE FLORECEN NA PRIMAVERA.







MANUALIDADES DE PASCUA

3 ANOS : CESTIÑAS CON OVOS.
4 ANOS :COELLIÑOS.

5 ANOS : COELLIÑO PARA O LAPIS.

domingo, 6 de abril de 2014

A VISITA DE ALEX !!!

O NIVEL DE 5 ANOS SEGUE APRENDENDO MOITAS COUSAS DA NOSA RÍA.
ESTA SEMANA VISITOUNOS ALEX, BIÓLOGO MARIÑO.
DEUNOS MOITAS EXPLICACIÓNS SOBRE OS MARISCOS ,PEIXES E ALGAS .
FALOUNOS :
-DAS BATEAS.
-DAS "GRANXAS " DO MAR 
-DOS DIFERENTES TIPOS DE ALGAS.
-TROUXONOS MOITAS MOSTRAS DE MARISCOS , ALGAS , PEIXES , CUNCHAS...
-MAQUETAS DE BATEAS.
-UTENSILIOS DE PESCA E MARISQUEO.
ENSINOUNOS UN POWER POINT MOI INTERESANTE...
APRENDEMOS MOITO E PASÁMOLO FENOMENAL OBSERVANDO,TOCANDO,PREGUNTANDO...
 ( ATA NOS INVITARON ÓS DE 4 ANOS )
MOITÍSIMAS GRAZAS ALEX E REBECA !!!

lunes, 31 de marzo de 2014

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

 O DÍA 2 DE ABRIL CELÉBRASE O DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO. AQUÍ VOS DEIXAMOS UN ARTIGO QUE MERECE A PENA QUE LEADES!
  ( FAI CLIC NO ENLACE DE ABAIXO PARA PODER ABRILO)



 
           Artigo:   DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

martes, 25 de marzo de 2014

A POTA TROTA QUE TROTA|||

O NIVEL DE 4 ANOS FOMOS A PONTEVEDRA A REPRESENTACIÓN DA OBRA :"A POTA TROTA QUE TROTA"
PASÁMOLO MOI ,MOI BEEEEN!!!

viernes, 21 de marzo de 2014

CHEGOU A PRIMAVERA !!!

DESPOIS DE TANTA CHUVIA ,APROVEITANDO O BO TEMPO , O NIVEL DE 4 ANOS  SAIU POLOS ARREDORES DE COLE  PARA OBSERVAR  OS EFECTOS DA PRIMAVERA:MOITAS FLORES, PLANTAS ...
E UNHA PATA INCUBANDO OS SEUS OVOS !!!
 CHISSSSSSSS É UN SEGREDO !!!  NON A PODEMOS MOLESTAR !!!
VOLTAREMOS PARA COÑECER AS CRÍAS!!!

miércoles, 19 de marzo de 2014

jueves, 13 de marzo de 2014

RUSIA:KANDINSKY

NO NIVEL DE 4 ANOS A SEMANA PASADA EMPEZAMOS A ESTUDIAR A KANDINSKI E A PINTURA ABSTRACTA. AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA MOSTRA DE RETRATOS E CADROS FEITOS POLOS NOS@S ARTISTAS.

viernes, 7 de marzo de 2014

MAÑÁ DÍA DA MULLER TRABALLADORA !!!

HOXE CHEGOU O CENTRO ESTE PRECIOSO RAMO CUNHA BONITA DEDICATORIA PARA TÓDALAS MULLERES QUE TRABALLAMOS AQUÍ.
OS HOMES DESTA ESCOLA TAN ATENTOS  E GALANTES !!!
GRACIÑAS E MOITÍSIMOS BICOS!!

jueves, 6 de marzo de 2014

CASSATSCHOK

NO NIVEL DE 4ANOS ESTAMOS APRENDENDO COUSAS DE RUSIA E DAS SÚAS TRADICIÓNS . DIVERTÍMONOS MOITÍSIMO CON ESTE BAILE  QUE ATOPAMOS NA WEB.

APROVEITAMOS PARA DEIXARVOS O CONTO DA MONECA MATRIOSKA DO POETA BÚLGARO DIMITER INKIOW.
A ORIXEN DESTAS  MONECAS É XAPONESA ,MAIS EN RUSIA XA EXISTÍA A COSTUME DE GARDAR UNHAS COUSAS DENTRO DE OUTRAS.

sábado, 1 de marzo de 2014

CONCURSO DE POSTRES DE ENTROIDO






QUEREMOS DAR AS GRAZAS A ESTES MUSICOS
QUE NOS ACOMPAÑARON CON MOITO RITMO
NESTE DIA DE ENTROIDO
 


 

PREMIOS AS MELLORES FILLOAS E ORELLAS. PARABENS!
 
 

QUEREMOS AGRADECER A ANPA O SEU ESFORZO E DEDICACIÓN
ASÍ COMO AS FAMILIAS QUE PARTICIPARON NO CONCURSO DE FILLOAS E ORELLAS


ENTROIDO NA EEI A MARISMA

AQUI VOS DEIXAMOS AS FOTOS DA CELEBRACION DO ENTROIDO NO COLE. RUSOS E "MATRIOSKAS", BONECOS DE NEVE E ARCOIRIS DESFILARON E BAILARON POLAS RUAS DE REDONDELA.

MANUALIDADES DO ENTROIDO

MASCARA DOS NEN@S DE 3 ANOS

ANTIFACE DO NEN@S DE 4 ANOS

ANTIFACE DOS NEN@S DE 5 ANOS

MECO 2014

AQUI VOS DEIXAMOS AS FOTOS DO MECO DESTE ANO